Acerca de

En tempos estraños antes botarse á escrita que á rúa a contar máscaras ou aos despachos nobres a cantar verdades. Ao de aquelado que cadaquén lle busque o seu significado (excepcionalmente, por momentos, admitirase a sinonimia con “aqueloutrado”). En caso de dúbida, desconformidade ou para máis información consulten o dicionario da Academia en liña ou acudan presencialmente á rúa Tabernas, n.º 11 (timbre á man dereita segundo se mira para a casa de Paco Vázquez). Ahh, non!! Espera!! Que agora están en Pocomaco, polo polígono. Pois aí xa me pillas. Non sei onde é. Non timbres! Deixa traballar á xente! Este blog provén destoutro.